Friday 17 de May de 2024

A ANPA O Futuro achega o Nadal ao colexio Campomaior


Ao longo desta semana a ANPA O Futuro do colexio Campomaior iniciou as súas actividades de Nadal para os nenos e nenas de Infantil. Así todos eles puideron desfrutar do contacontos titulado ‘Unha canción de Nadal’, grazas á subvención concedida pola Deputación da Coruña para tal fin.
Pero hai máis. Como o concurso de postais levado a cabo en colaboración co equipo de Normalización Lingüística do centro. Con todos os traballos realizados organizouse unha exposición na entrada do colexio e da que se poderá desfrutar ata o vindeiro venres. Nesa data está prevista a visita dos Reis Magos de Oriente, os cales farán entrega dun obsequio aos nenos e nenas gañadores, así como dun diploma a todos os participantes.